Actividad de Santa Compaña
Número de componentes
5La historia de Santa Compaña
En setembro de 2014, un grupo de estudantes do mundo da música procedentes de conservatorios profesionais e superior, deciden xuntarse e crear a "Charanga Santa Compaña". A idea xurdiu das inquedanzas musicais dos seus membros que buscaban crear unha agrupación na que puideran tocar dende pasodobres ata cancións actuais e modernas con arranxos propios, pasando polos clásicos da verbena galega como rancheiras, cumbias, merengues... e sempre ca idea de facer festa alí a onde foran. Unha das súas premisas iniciais foi a de manter sempre un alto nivel de calidade musical nas actuacións ca filosofía de que, a agrupación de charanga, é parte esencial da verbena galega e das festas da nosa terra, e polo tanto, debe estar ao nivel que esta se merece. Por esta razón, buscan as mellores cancións e cos mellores arranxos (a maioría deles propios) para poder ofrecer diversión e calidade a partes iguais. As ganas de facer chegar a súa música e alegría a tódolos rincóns da nosa xeografía, está patente no seu berro de guerra: "Somos a Santa Compaña, vente con nós!"
Últimas publicaciones
Ver más →Consulta todas as nosas datas de Agosto!
Entroido 2020 coa Charanga Santa Compaña
Queda pouquiño para a época máis charangueira do ano! Queda pouquiño para o días de Entroido! E se ti tamén queres o mellor para as túas festas, non o penses…
Comeza a Santa Compaña 2020: O V aniversario!
Rematando a tempada, preparando xa a seguinte... Atent@s!