NOTICIA

Segunda gala da Liga dos Cantantes Extraordinarios coa visita de Laura Añón

Segunda gala da Liga dos Cantantes Extraordinarios coa visita de Laura Añón
Denunciar esta imagen
Os espectadores da Televisión de Galicia asistirán hoxe á segunda gala desta temporada de A Liga dos Cantantes Extraordinarios, o concurso que busca o mellor intérprete de orquestra de Galicia, ese artista 360 que pode con todo o que lle boten.

Os concursantes seguirán loitando esta semana para conseguir a mellor puntuación do xurado e os ansiados puntos que os poidan levar directamente á final. Xa se tranquilizaron os nervios despois da primeira gala, en que Selu López se alzou como gañador tras competir na final contra Esmeralda, Simón e Miriam. Este xoves só competirán catro participantes, xa que Fátima Lea estará ausente por culpa dunha baixada de tensión moi forte.

O programa, presentado por María Mera, arrancará con Lucía Pérez e Laura Añón, que vén substituír a Pili Pampín como membro do xurado, interpretando unha versión moi persoal da canción Nochentera. Os espectadores tamén terán o pracer de escoitar de novo a Añón ao final do programa, en que cantará o tema Nordés, de Xurxo Souto.