NOTICIA
Novo afiche de Los Satélites
E unha nova tempada que despega 🚀 con moitas ganas, moita ilusión e moitas sorpresas ✨
A Orquesta Los Satélites miramos atrás e podemos dicir que foi un ano cargado de traballo, retos e frontes abertos: verbenas, salas de festas, novos temas, colaboracións, televisión, radio, homenaxes... Unha pasada!
Cruzamos os dedos para que esta tempada que abrimos sexa igual ou mellor 🤞🏼
Grazas por estar sempre aí para acompañarnos en todas as aventuras 🪐
E mención especial ao noso Arturo, que non só está enriba do escenario e fronte ás cámaras, senón que tamén está detrás creando e formulando novas ideas e contidos 📹👏🏽