NOTICIA

Cambios en Son D´Vigo

Cambios en Son D´Vigo
Denunciar esta imagen
Hola a todos!! Fai nada que rematou o verán e xa témola cabeciña posta na nova tempada.

Para comezar, anunciamos que xa non formaremos parte de oficina de Espectáculos Alvar i en breve vos comunicaremos con que axencia pasaremos a traballar.

Xa contamos con traballo para este inverno e moitas festas contratadas para o vindeiro verán algo que nos enorgullece e que demostra que imos medrando pouquiño a pouco así que moitas gracias de antemán a tódalas comisións de festas e representantes que están a confiar en nós.

Xa andamos a voltas con novos temas para ofrecervos un repertorio para tódolos gustos e por suposto, facendo música en vivo i en riguroso directo.

Xa o sabes... Dálle a túa festa alegría e... SON D´VIGO!!!!